Select your language


O vindeiro sábado 2 de agosto, ás 18:30 horas, terá lugar unha manifestación nas inmediacions da antiga estación de tren de A Gudiña, convocada pola Plataforma Defensa ao Tren, co obxectivo de reclamar a recuperación das frecuencias ferroviarias suprimidas e a mellora dos servizos ferroviarios na comarca.

O tren non é só un medio de transporte senón un dereito da cidadanía e un elemento clave para garantir a dignidade das persoas que viven no rural. A súa supresión é unha discriminación inxusta que afecta á mobilidade, a igualdade de oportunidades e ao desenvolvemento do noso territorio.

O pasado 9 de xuño de 2025 RENFE tomou a decisión de eliminar varias dos horarios de paso pola estación da Gudiña Porta de Galicia. Estas novas frecuencias supoñen que o tren deixa de ser útil na nosa comarca, tanto para os que vivimos nela, como para os que se desprazan a ela.

[Estanos enterrando en vida]

Por todo isto, desde o concello de Larouco animamos a toda a veciñanza a participar activamente nesta mobilización cidadá, para defender un tren útil, digno, accesible e de calidade para todas e todos. 

Porque defender o tren é defender o noso futuro, os nosos dereitos e a dignidade da nosa vila.

dereito ao tren 1