ORDE do 17 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MT814A).
No Concello de Larouco existe unha Zona de Especial protección dos valores naturais, incluído na Rede natura, denominado "Macizo Central".
O Macizo Central está composto por un conxunto de serras e montañas practicamente despoboadas e cubertas na súa gran parte por torgueiras. Ten un alto interese botánico debido en gran parte á presenza de comunidades de pasteiros, algúns treitos de fraga autóctona, carballeiras principalmente, distribuídas nos arredores e cabeceiras dos regatos. O espazo natural abarca un total de 46.983 Ha, das que 450 atópanse no concello de Larouco, polo que supón o 1% da superficie do ZEPVN
O municipio caracterízase por presentar un bioclima mediterráneo no que están presentes formacións de bosque e matogueiras nas que abundan as sobreiras e as aciñeiras, mentres que os soutos de castiñeiros se sitúan en cotas elevadas. A zona sur do municipio forma parte na zona especial de conservación (ZEC) “Macizo Central” da Rede Natura 2000 e boa parte do territorio municipal está inserido nunha área prioritaria de aves ameazadas1, na que está presente a aguia real.
Dentro deste espazo atópase o miradoiro da Antiga onde se inicia unha ruta que leva ata o Lombo da Antiga, outeiro con vistas sobre o canón do Río Bibei e outros cerros próximos.


Proxecto de difusión dos valores ambientais e arqueolóxicos dun enclave da Rede Natura 2000 - ZEC Macizo Central.
O Concello de Larouco, xunto co respaldo económico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, teñen promovido diferentes actuacións de posta en valor do monumento catalogado de «O Castrillón».
Entre outras accións realizáronse diferentes escavacións arqueolóxicas e de musealización que puxeron ao descuberto un fantástico poboado da Idade do Ferro.
Para mellorar o seu coñecemento entre a poboación local e visitante procedeuse a balizar unha ruta de visita e instalar diferentes paneis interpretativos.
Segue lendo para saber mais do Castrillón.