08 de Agosto a partir dás 18:30 hLugar: BARRIO SEOANE Punto de inicio: PRAZA DO MERCADO Campamento Infantil5 a 11 anos de 18:00 h - 22:00 h Reserva: 633 12 83 76 Entradas20 € Adultos e nenos. 0–4 anos gratis. Desconto Festa do CordeiroSolo dispoñible nas dependencias municipais. Venta presencial:
Venta online:https://vitislumen.concellolarouco.es/
|
![]() |
- Detalles
![]() |
|
En Rede 2026" xa é unha realidade!
Este éxito é froito da unión e do compromiso coaa nosa veciñanza. Grazas Consellería de Política Social e Igualdade por volver a confiar neste proxecto! |
- Detalles
|
¡O voluntariado non ten idade en Larouco! Hoxe queremos celebrar o éxito rotundo do noso programa de voluntariado interxeneracional. Un proxecto que completou todas as súas fases cuns resultados fantásticos e superando todas as expectativas. Ver traballar xuntos a mozos e maiores, compartindo experiencias, sabedoría e escoita mutua, foi unha das experiencias máis enriquecedoras deste ano no noso concello. ¡A semente xa está plantada e a comunidade está máis unida que nunca! Queremos agradecer de corazón á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude o seu apoio e financiamento ata o día de hoxe para facer realidade esta iniciativa. O camiño non remata aquí: o proxecto está totalmente consolidado e a súa implementación segue adiante no noso día a día. Porque o valor de aprender os uns dos outros é algo que xa queda para sempre en Larouco.¡Grazas a todas as persoas voluntarias, participantes e veciños que o fixestes posible! #Larouco #Voluntariado #Interxeracional #CulturaGalega #Xuventude #Comunidade #OurenseRural |
- Detalles
| O Concello de Larouco está a desenvolver este ano 2026 o proxecto "CAPACITA2: Voluntariado Interxeneracional", unha iniciativa pioneira deseñada para fortalecer os lazos entre as distintas xeracións do noso municipio e poñer en valor o coñecemento da nosa veciñanza. Descrición da operación e resultados acadados O proxecto estrutúrase como unha experiencia piloto no ámbito rural que busca transformar a resiliencia comunitaria nunha ferramenta de innovación social. A través dun modelo de mentoría inversa, a mocidade de Larouco está a colaborar estreitamente coas persoas maiores en tres ámbitos fundamentais: os coidados preventivos, a recuperación do patrimonio téxtil e a alfabetización dixital. A través dunha estratexia de triplo impacto, o proxecto consolidou a interacción entre a mocidade e as persoas maiores, obtendo os seguintes resultados: ● Coidados e Envellecemento Activo (OE1): Executáronse con éxito os obradoiros de estimulación cognitiva e funcional, liderados pola mocidade voluntaria tras unha formación específica en neurociencia. Acadouse un alto grao de satisfacción entre as persoas maiores participantes, reforzando a rede de apoio social do concello. ● Recuperación do Patrimonio Téxtil (OE2): As mulleres maiores de Larouco transmitiron os seus saberes artesanais á mocidade, o que permitiu a creación de pezas culturais únicas e a elaboración dun catálogo de técnicas de costura tradicional documentado, preservando un legado en risco de extinción. ● Cohesión Tecnolóxica e Dixital (OE3): Logrouse reducir a fenda dixital mediante a formación en dispositivos móbiles para maiores. Ademais, creouse e lanzouse o site do proxecto que xa difunde a riqueza cultural e patrimonial de Larouco cara ao exterior. O proxecto contou coa participación directa de 4 persoas voluntarias (en parellas interxeneracionais) que completaron un total de 90 horas de servizo cada unha , beneficiando a un contorno de máis de 500 persoas. Apoio Financeiro Este proxecto é posible grazas á Xunta de Galicia co apoio financeiro da Unión Europea, contando cun orzamento total de 18.000,00 €. Esta axuda enmárcase dentro dos fondos obtidos a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiados polos fondos NextGenerationEU, que buscan impulsar o desenvolvemento e a cohesión nos ámbitos rurais. |
![]() |
- Detalles
Visita ao Balneario de Mondariz
Spa Piscina Termal
Xornada gastronómica
Data da excursión: 04/12/2025
Prezo: 45 €
O prezo inclúe:
- Autobús de ida e volta.
- Almorzo.
- Comida.
- Spa Piscina Termal.
- Visita turístico-informativa ao balenario.
TELEFONO: 633 12 83 76
- Detalles
Cursos gratuitos para persoas maiores que queren aproveitar ao máximo a tecnoloxía.
Dende aplicacións de saude e entretemento ata ferramentas para explorar e como compartir a historia, patrimonio e riqueza cultural dos pobos.
Datas: 12, 14, 18 e 21 de novembro
Horario: de 16:00 a 18:00
Apúntate antes do 24 de outubro.
Información:
Tlf.: 633 128 376

- Detalles






Que imos facer a partir do vindeiro mes?
Excursións para compartir e crear comunidade.
Formacións para o empoderamento e a autonomía.
Atención centrada nas persoas, con apoio e acompañamento directo.






