Select your language

O Concello de Larouco loita por fortalecer as relacións sociais entre os seus veciños e visitantes.

“O home é un ser social por natureza” (Aristóteles 384-322 a. De C.). O Concello de Larouco, comparte este pensamento co famoso filósofo grego. Consciente da necesidade de combater a soidade, esforzase en fomentar as relacións sociais entre ós seus veciños, fomentando a organización de festas en todas as parroquias que conforma o municipio.

  • Parroquiais:

Larouco       Santa María dos Remedios          8 de septembro

                    Santa Lucía                               13 de decembro

Seadur         Santa Mariña                            18 de xullo

Freixido        Santa Bárbara                            4 de decembro

A Portela      San Vitorio                               28 de agosto

  • Eventos:

      As covas de Seadur.- Ten lugar nesta localidade cada Sábado Santo. Trátase dunha celebración durante a cal os visitantes poden percorrer as máis de 20 adegas tradicionais existentes nesta poboación do concello de Larouco. Nesas adegas -covas escavadas na roca e na terra-, poderán degustar os excelentes viños desta localidade, así como petiscos preparados especialmente para a ocasión. Trátase dunha actividade importante non só para gozar dos viños da zona, senón tamén para coñecer as adegas tradicionais nas que outrora se elaboraban os caldos, e que sorprenden polos seus peculiares características.

     

       Festa do cordeiro.- Celébrase nos meses de abril ou maio. Nesta festa, que proximamente celebrará a súa 17ª edición, todas as persoas asistentes poden degustar os viños da comarca, saborear pratos elaborados con produtos da contorna como o cordeiro, a bica e outros menús no que a castaña é o ingrediente principal. Nesta festa, o visitante pode adquirir produtos da zona nos diferentes casetas que se instalan no recinto, ou ver como os mais cativos desfrutan dos inchables nun entorno protexido.

      Romería popular en Freixido de Arriba.- Celébrase o 14 de agosto nunha xuntanza popular na praza de Freixido de Arriba.