PATRICIA LAMELA RODRÍGUEZ
ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE LAROUCO
FAI SABER
Que, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, realizouse inspección das parcelas afectadas polas redes secundarias de faixas e resultando infructuosas as notificacións de comunicación para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa, procedeuse a publicación no DOG (nº88 de 6 de maio de 2022) e BOE (nº36 de 11 de febreiro de 2022), e estase a realizar a limpeza nas parcelas que non foron executadas no ano 2023.
Recordamos a todos os veciños que:
Todos os terreos de dentro dos pobos e os que se sitúan en torno a vivendas ou ós núcleos de poboación teñen que estar limpos e perfectamente desbrozados de todo tipo de masa vexetal ou arbórea nun radio de 50m., a excepción de frondosas ( carballos, castiñeiros…) Este é un deber que teñen os propietarios de terreos, minimizando así o risco e evitando as responsabilidades en que se puidera incurrir derivadas de estos.
Debemos evitar entre todos situacións de perigo ou risco para vivendas e incluso para as persoas.
Así pois, infórmase da citada obriga cuxo PRAZO VOLUNTARIO DE LIMPEZA REMATA O 31 DE MAIO DE 2024, expoñéndose en caso de incumprimento ás sancións correspondentes previstas na devandita lexislación.
En Larouco, 18 de abril de 2024
A Alcaldesa,
Patricia Lamela Rodríguez
Documento asinado electrónicamente
