Presentación da Biblioeca Mutante: que é este dispositivo, como funicona e cal é filosofía desta iniciativa.
Onde?
Na Casa do Concello de Larouco, no Salón de Plenos.
Cando?
O xoves 16 de xaneiro ás 12.00 h.
Un encontro para todos os públicos!
Ven a coñecer a Biblioteca Mutante de Larouco e o movemento das Little Free Library.
As bibliotecas libres ou as "Little Free Library" son un movemento que parte da cidadanía e que busca fomentar o amor pola lectura a través do intercambio gratuito de libros. Este intercambio ocorre grazas a buzóns ou instalacións na rúa. Así, calquera persoa, con independencia da súa idade, pode coller ou deixar libros. As responsables do coidado e bo uso, somos toda a veciñanza!.