|
O Concello de Larouco impulsa a inserción laboral da mocidade co apoio do programa FSE+ Galicia 2021-2027
O Concello de Larouco pon en marcha unha iniciativa orientada ao fomento do emprego e a inserción profesional dirixida a persoas mozas. Esta actuación enmárcase na convocatoria regulada pola Orde do 22 de maio de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.Descrición da Operación. A actuación consiste na contratación temporal (cunha duración de 9 meses a xornada completa) de persoas mozas que non estudan nin traballan, que se atopan inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Durante este período, as persoas contratadas desenvolverán traballos efectivos e servizos de interese xeral e social directamente prestados pola entidade municipal.
Obxectivos
- Mellorar a empregabilidade: Ofrecer ás persoas mozas a adquisición de competencias profesionais, técnicas e de práctica laboral efectivas necesarias para facilitar a súa inserción laboral sostible.
- Garantía Xuvenil: Proporcionar unha oportunidade laboral de calidade a mozos e mozas que non se atopan estudando nin traballando.
- Igualdade de oportunidades e cohesión social: Fomentar a activación laboral dos colectivos xuvenís con maiores dificultades de acceso ao mercado de traballo.
Resultados esperados
- Adquisición de experiencia profesional acreditada na administración pública local que sirva de plataforma para a súa integración no mercado laboral.
- Prestación de servizos públicos locais de calidade á cidadanía a través da colaboración en tarefas municipais.
- Redución das taxas de desemprego xuvenil.
Cofinanciamento europeo Esta operación está cofinanciada ao 60% pola Unión Europea a través do Programa Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027, dentro de:
- Obxectivo Político 4: Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais.
- Prioridade 5: Emprego xuvenil.
- Obxectivo Específico ES04.1: Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego e, en particular, das persoas mozas.
- Medida 5.A.02: Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas.
|
 |