Select your language

O Programa Campus Rural é unha iniciativa desenvolta polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e as Universidades Públicas Españolas, que permite que estudantes universitarios/as de calquera titulación oficial poidan levar a cabo prácticas académicas externas, tanto curriculares como extracurriculares, en municipios de menos de 5000 habitantes en zonas rurais con problemas de despoboamento, residindo no mesmo, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Pode participar neste programa calquera administración local, institución, organismo, entidade sen ánimo de lucro ou empresa legalmente constituídas, que desenvolvan a súa actividade en municipios españois de menos de 5.000 habitantes.

A través do convenio asinado entre a Universidade de Vigo e este concello chegou a Larouco Noelia, a primeira estudante que realiza prácticas dentro do PROGRAMA CAMPUS RURAL en Larouco.

Aquí deixámosvos a entrevista realizada a Noelia polo xornal O SIL.

A estudante ourensá Noelia García descubre a vitivinicultura de Larouco a través do proxecto Campus Rural

06/09/2023   Fonte: Periódico O Sil