O 28 de febreiro publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense o anuncio da subasta da vivenda herdada de dona María Jesús Prieto polo Concello de Larouco.
O prezo de saída é de 66.559,89 euros.
O prazo para presentar ofertas comeza o día 29 de febreiro de 2024, e remata o día 14 de marzo de 2024.
Toda a información do procedemento, pódese descargar da sede electrónica do Concello de Larouco ou solicitala de forma presencial nas súas oficinas, na Rúa Comercio Nº10, Larouco.