| O Concello de Larouco está a desenvolver este ano 2026 o proxecto "CAPACITA2: Voluntariado Interxeneracional", unha iniciativa pioneira deseñada para fortalecer os lazos entre as distintas xeracións do noso municipio e poñer en valor o coñecemento da nosa veciñanza. Descrición da operación e resultados acadados O proxecto estrutúrase como unha experiencia piloto no ámbito rural que busca transformar a resiliencia comunitaria nunha ferramenta de innovación social. A través dun modelo de mentoría inversa, a mocidade de Larouco está a colaborar estreitamente coas persoas maiores en tres ámbitos fundamentais: os coidados preventivos, a recuperación do patrimonio téxtil e a alfabetización dixital. A través dunha estratexia de triplo impacto, o proxecto consolidou a interacción entre a mocidade e as persoas maiores, obtendo os seguintes resultados: ● Coidados e Envellecemento Activo (OE1): Executáronse con éxito os obradoiros de estimulación cognitiva e funcional, liderados pola mocidade voluntaria tras unha formación específica en neurociencia. Acadouse un alto grao de satisfacción entre as persoas maiores participantes, reforzando a rede de apoio social do concello. ● Recuperación do Patrimonio Téxtil (OE2): As mulleres maiores de Larouco transmitiron os seus saberes artesanais á mocidade, o que permitiu a creación de pezas culturais únicas e a elaboración dun catálogo de técnicas de costura tradicional documentado, preservando un legado en risco de extinción. ● Cohesión Tecnolóxica e Dixital (OE3): Logrouse reducir a fenda dixital mediante a formación en dispositivos móbiles para maiores. Ademais, creouse e lanzouse o site do proxecto que xa difunde a riqueza cultural e patrimonial de Larouco cara ao exterior. O proxecto contou coa participación directa de 4 persoas voluntarias (en parellas interxeneracionais) que completaron un total de 90 horas de servizo cada unha , beneficiando a un contorno de máis de 500 persoas. Apoio Financeiro Este proxecto é posible grazas á Xunta de Galicia co apoio financeiro da Unión Europea, contando cun orzamento total de 18.000,00 €. Esta axuda enmárcase dentro dos fondos obtidos a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiados polos fondos NextGenerationEU, que buscan impulsar o desenvolvemento e a cohesión nos ámbitos rurais. |
![]() |
"CAPACITA2: Voluntariado Interxeneracional"
- Detalles
