Select your language

¡O voluntariado non ten idade en Larouco! 👵🏼👶🏾✨

Hoxe queremos celebrar o éxito rotundo do noso programa de voluntariado interxeneracional. Un proxecto que completou todas as súas fases cuns resultados fantásticos e superando todas as expectativas.

Ver traballar xuntos a mozos e maiores, compartindo experiencias, sabedoría e escoita mutua, foi unha das experiencias máis enriquecedoras deste ano no noso concello. ¡A semente xa está plantada e a comunidade está máis unida que nunca! 🌱❤️

Queremos agradecer de corazón á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude o seu apoio e financiamento ata o día de hoxe para facer realidade esta iniciativa.

O camiño non remata aquí: o proxecto está totalmente consolidado e a súa implementación segue adiante no noso día a día. Porque o valor de aprender os uns dos outros é algo que xa queda para sempre en Larouco.¡Grazas a todas as persoas voluntarias, participantes e veciños que o fixestes posible! 🙌

#Larouco #Voluntariado #Interxeracional #CulturaGalega #Xuventude #Comunidade #OurenseRural