Select your language

Din que a aldea de Seadur era a porta de entrada a Valdeorras. Dende a terraza do restaurante Cova da Xabreira pode verse boa parte da comarca. As vistas foron recoñecidas entre as seis mellores de toda España polos expertos da Guía Repsol.

Pero a paisaxe que rodea este local de hostalería queda sobrepasada pola singularidade do seu interior. É unha cova escavada na pedra, granito e lousa, pensada para conservar o viño. Como ela hai outras 70 só en Seadur, aínda que esta é unha das máis grandes. A idea de convertela en restaurante xurdiu en plena pandemia, hai máis de dous anos, co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor a singularidade do viño que elaboran.

https://www.g24.gal/gl/w/unha-cova-de-larouco-tranformada-en-restaurante-ten-unha-das-mellores-vistas-de-espana-segundo-a-guia-repsol?fbclid=IwAR3vkjEqolyXF3MxeGMqyAQ3dw4lGJA15FfgD5GacHByroiplm66j80sLjM

01/11/2023 Fonte: G24.gal

2023 11 02 19 47 02 Window