Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura chegan a Larouco cos despregamentos 4G e 5G
As operadoras de telefonía móbil comezan a ofrecer en Larouco servizos móbiles de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800MHz.
A nova tecnoloxía permitirá aos veciños de Larouco gozar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica.
Llega700 é a entidade encargada de garantir a compatibilidade deste servizo coa TDT.
Larouco, 29 de xullo de 2025.- As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as próximas semanas realizarán en Larouco o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá aos veciños de Larouco gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.
Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.
O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php
O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, do 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 ao 60 de UHF) que ata entón empregábanse para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.
Principais vantaxes: máis e mellor cobertura
Coa nova rede móbil abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións online, como os videoxogos.
A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.
A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videollamada, entre outros.
Ademais, a maior cobertura que alcanza o despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.
Garantindo a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e a TDT
Llega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.
Para garantir esta compatibilidade, Llega700 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o aceso das estacións, polo que Llega700 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo algún.
Para xestionar estes servizos, púxose ao dispor dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega700.es


- Detalles
O vindeiro sábado 2 de agosto, ás 18:30 horas, terá lugar unha manifestación nas inmediacions da antiga estación de tren de A Gudiña, convocada pola Plataforma Defensa ao Tren, co obxectivo de reclamar a recuperación das frecuencias ferroviarias suprimidas e a mellora dos servizos ferroviarios na comarca.
O tren non é só un medio de transporte senón un dereito da cidadanía e un elemento clave para garantir a dignidade das persoas que viven no rural. A súa supresión é unha discriminación inxusta que afecta á mobilidade, a igualdade de oportunidades e ao desenvolvemento do noso territorio.
O pasado 9 de xuño de 2025 RENFE tomou a decisión de eliminar varias dos horarios de paso pola estación da Gudiña Porta de Galicia. Estas novas frecuencias supoñen que o tren deixa de ser útil na nosa comarca, tanto para os que vivimos nela, como para os que se desprazan a ela.
[Estanos enterrando en vida]
Por todo isto, desde o concello de Larouco animamos a toda a veciñanza a participar activamente nesta mobilización cidadá, para defender un tren útil, digno, accesible e de calidade para todas e todos.
Porque defender o tren é defender o noso futuro, os nosos dereitos e a dignidade da nosa vila.

- Detalles
PLATAFORMA DEREITO AO TREN
A plataforma Dereito ao Tren convoca unha nova xuntanza para seguir reclamando un tren útil na nosa comarca.
Un servizo que conecte, vertebre e atenda ás necesidades de xente do rural.
- Lugar: Salón de actos de Larouco.
- Día: 14 de xullo
- Hora: 20:30 h
PARTICIPA! A túa voz conta e xunt@s podemos conseguir un transporte público digno.
#DereitoAoTren
#TrenParaAComarca #Larouco
#GaliciaConecta

- Detalles
MOVENDO OS MARCOS
Historias de onte e de hoxe, de aquí e de máis alá.
Teatro para adultos con billeteira inversa.
Día: 8 de agosto ás 20:00 h.
Lugar: Salón de actos do Concello de Larouco
- Detalles
A DUAS VOCES
María e José Manuel
VENRES 18 DE XULLO ÁS 20:00
LUGAR: IGREXA DE LAROUCO

- Detalles
SÁBADO 19 XULLO
Actividade conxunta dos Concellos de San Xoán de Río e Larouco.
7:30H Recollida en San Xoán de Río.
8:00H Saída dende Larouco.
11:30H Visita a Ribadeo.
14:00H Comida en Barreiros.
16:00H Visita á Praias das Catedrais.
17:30H Regreso con Parada en Mondoñedo.
Reserva a túa praza antes do luns 14 de xullo.
Grupo mínimo 35 persoas.
Chama para reservar a túa praza e Consulta requisitos da viaxe.
Tlf.: 679 10 45 15

- Detalles
Actividades extraescolares presenciais gratuitas en competencias dixitais.
IDADE: de 9 a 13 anos
DATAS: de Luns a Venres do 4 ao 14 de agosto
HORARIO: de 17:00 a 20:00
LUGAR: Salón de actos, Larouco
INSCRICIÓNS: ata o venres 11 de xullo
En servizos sociais de Larouco:
- e-mail:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Tlf.: 633 128 376
- Detalles
Nos concellos da provincia que teñen delegado o servixo de recollida de RCL na Deputación de Ourense.
Non perdas a oportunidade de conseguir o teu propio abono de calidade.
Máis información en:
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Rúa Progreso, 32
32003 Ourense
Tel.: 988 317 687
www.depourense.gal


- Detalles
- Reforzo da memoria
- Retrasar o deterioro cognitivo
- Aumentar autoestima
- Mellorar a calidade de vida
DATA DE INICIO: 24 DE XUÑO
H O R A R I O
- Larouco (aula da natureza): os xoves de 18:00 a 19:30
- Seadur (escolas): os martes de 17:30 a 19:00
- Freixido (escolas): os xoves de 16:00 a 17:30
INSCRICIÓNS NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE LAROUCO:
- Tlf.: 633 128 376
- e-mail:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

- Detalles
Obradoiro impartido polo estudio de arte Garabizo.
Aprenderás técnicas novas, compartirás ideas e crearás coas túas propias mans.
DATA DE INICIO: 23 DE XUÑO
LUGAR: Na aula da natureza de Larouco
Luns de 17:00 a 19:00
Inscricións nos servizos sociais do concello de Larouco:
- Tlf.: 633 128 376
- e-mail:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

- Detalles