Taller de introdución e formación
Xoves 23 de maio 2024 as 17:30 h
Lugar: Salón de actos de Larouco
- Detalles
O 03 de maio publicouse no Tablón de anuncios do concello as bases para o aluguer do bar da piscina municipal
O orzamento base de licitación ascende a 1.200,00 euros máis IVA.
O prazo para presentar ofertas será de 7 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio.
Toda a información do procedemento, pódese descargar da sede electrónica do Concello de Larouco ou solicitala de forma presencial nas súas oficinas, na Rua Comercio Nº10, Larouco.

- Detalles
O concello de Larouco resultou beneficiario dunha axuda para o desenvolvemento do proxecto PIMA cambio climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático. Axudas convocadas pola orde do 2 de xuño de 2023 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA cambio climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático (Código de procedemento MT9750).
Proxecto: Actuación de naturalización de espazos urbanos, divulgación e participación cidadá na loita contra o cambio climático encadradas no plan PIMA.

- Detalles
PATRICIA LAMELA RODRÍGUEZ
ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE LAROUCO
FAI SABER
Que, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, realizouse inspección das parcelas afectadas polas redes secundarias de faixas e resultando infructuosas as notificacións de comunicación para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa, procedeuse a publicación no DOG (nº88 de 6 de maio de 2022) e BOE (nº36 de 11 de febreiro de 2022), e estase a realizar a limpeza nas parcelas que non foron executadas no ano 2023.
Recordamos a todos os veciños que:
Todos os terreos de dentro dos pobos e os que se sitúan en torno a vivendas ou ós núcleos de poboación teñen que estar limpos e perfectamente desbrozados de todo tipo de masa vexetal ou arbórea nun radio de 50m., a excepción de frondosas ( carballos, castiñeiros…) Este é un deber que teñen os propietarios de terreos, minimizando así o risco e evitando as responsabilidades en que se puidera incurrir derivadas de estos.
Debemos evitar entre todos situacións de perigo ou risco para vivendas e incluso para as persoas.
Así pois, infórmase da citada obriga cuxo PRAZO VOLUNTARIO DE LIMPEZA REMATA O 31 DE MAIO DE 2024, expoñéndose en caso de incumprimento ás sancións correspondentes previstas na devandita lexislación.
En Larouco, 18 de abril de 2024
A Alcaldesa,
Patricia Lamela Rodríguez
Documento asinado electrónicamente

- Detalles
27 de abril de 2024 ás 14:00 h.
Lugar: Pavillón municipal
Animación a cargo de:
- A.C. A Caniceira - Actuación MACIZAS CENTRAIS.
- DUO MARATÓN.
- TALLER MANUALIDADES.
- Colchonetas gratis para os mais cativos.
MENÚ:
- ENTREMES
- EMPANADA
- CORDEIRO CON ENSALADA
- POSTRE CAFÉ + CHUPITO
Responsable do catering MANTELIS, S.L.U.
Entrada: 22 € adultos / 10 € nenos ata 10 anos.
VENTA DE ENTRADAS LIMITADA ATA O DÍA 24/04/2024
Punto de venta entradas:
- CONCELLO DE LAROUCO
- LAROUCO: venta en todos os negocios.
- FREIXIDO: Bar Maruxa.
- A RUA: Carnicería Nogueira.
- O BARCO: Tenda de deportes Foot on Mars, Ferretería Panorama.
Información:
Reserva mesas grupos
Teléfono: 988348002
E-MAIL:

- Detalles
O 04 de abril publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense o anuncio da subasta do inmueble rústico, sito no póligono 17 parcela 132, herdado de doña María Jesús Prieto polo Concello de Larouco.
O precio de saída é de 11.620,62 euros.
O prazo presentar ofertas comeza o día 05 de abril de 2024, y finaliza el día 19 de abril de 2024.
Toda a información do procedemento, pódese descargar da sede electrónica do Concello de Larouco ou solicitala de forma presencial nas súas oficinas, na Rúa Comercio Nº10, Larouco.

- Detalles
Sábado, 16 de marzo ás 17:00 horas.
Visita comentada aos traballos arqueolóxicos e de restauración no xacemento de O Castrillón.
A recuperación dun depósito funerario excepcional na Idade do Ferro de Galicia.
Punto de encontro: no aparcamento (sen inscrición previa).
CANCELADO POR CHOIVA

- Detalles
Venres 19 de marzo
Lugar: Seadur - Antigas Escolas
Actividades
17:30 Presentación.
17:40 Meditación guiada.
18:00 Utilidade do peor da Vida.
18:30 Xogo de liberación emocional.
18:40 Danzando xuntas.
19:00 Despedida peche.

- Detalles
Vernes 8 de marzo
Lugar: Freixido
Actividades
16:30 Presentación.
16:40 Meditación guiada.
17:00 Utilidade da peor situación da Vida.
17:30 Xogo de liberación emocional.
17:40 Danzando xuntas.
18:00 Despedida e peche.

- Detalles
Luns 18 de marzo
Lugar: Larouco - Aula da Natureza
Actividades
18:00 Presentación.
18:10 Meditación guiada.
18:30 Utilidade do peor da Vida.
19:00 Xogo de liberación emocional.
19:10 Danzando xuntas.
19:30 Despedida e peche.

- Detalles