Coñeces Ourense Rural é Vida?
É un proxecto no que 27 concellos -o noso entre eles- poden beneficiarse do asesoramento de técnicos especializados na innovación, a dixitalización e a sostibilidade como ferramentas para o emprendemento e a dinamización económica do rural.
Se queres saber máis desta nova iniciativa que conta co financiamento do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, visita a web ourenseruralvida.com e sigue as súas redes sociais en Facebook e Instagram!
Tes propostas, dúbidas, queres formarte ou emprender? A oficina técnica do proxecto está á vosa disposición no correo
#OurenseRuralÉVida #innovación #sostibilidaderural #concellosvivos

- Detalles
- Causas (ictus e traumatismos)
- Secuelas e recursos de atención
Data: 11 de outubro das 18:00h ás 20:00h
Lugar: Salón de actos de Larouco
Inscrición: 680 495 997 - 988 346 054

- Detalles
A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta
Dirixido ás persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.
- Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
- Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
Datas: 2 - 3 - 6 - 7 de novembro
Horario: 9:00 ata ás 20:00 horas
Lugar: Fronte á igrexa
Información e cita previa
Teléfonos: 622 748 283 - 623 546 992
Email:

- Detalles
Actividade conxunta dos Concellos de San Xoán de Río e Larouco para desfrutar da nosa terra como veciñas e veciños.
Horario:
Recollida en Río e Larouco ás 9:00 H
Visita ás Médulas
Comida incluída:
Caldo berciano + botelo con verduras
Regreso aos Concellos ás 19:00 H
Inscríbete no teléfono 611 72 94 12 antes do 29 de setembro. Prazas limitadas

- Detalles
XORNADA INFORMATIVA
“A ADMINISTRACIÓN PRETO DE TI”
DÍA: 20 de setembro
HORA: 10:30
LUGAR: AULA DA NATUREZA DE LAROUCO
Acudir co DNI en vigor
PODERASE OBTER “IN SITU” O CERTIFICADO DIXITAL E A CLAVE PERMANENTE PARA A REALIZACIÓN DE TRÁMITES PERANTE AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

- Detalles
Por Laura e Elvira Fernández
Sesións semanais:
- Luns nas escolas de Seadur
- Martes nas escolas de Freixido
- Xoves na aula da natureza de Larouco
Todas as sesións son a partir das 18:00 para as novas participantes, e a partir das 19:00 para todas
Máis detalles en:
R/ Comercio, 10
Larouco (Ourense)
988 34 81 22

- Detalles
A inscripción é aberta para todo o mundo (rógase que se chame antes para confirmar a asistencia e así poder preparar o material necesario)
Información do taller:
- Reforzo da memoria
- Retrasar o deterioro cognitivo
- Aumentar autoestima
- Mellora da calidade de vida
Os martes na casa escola de Seadur de 16:30 a 17:50
Os luns na aula da natureza de Larouco de 18:00 a 19:20
Os venres na casa escola de Freixido de 16:30 a 17:50
Contacto:
988 34 81 22

- Detalles
O Programa Campus Rural é unha iniciativa desenvolta polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e as Universidades Públicas Españolas, que permite que estudantes universitarios/as de calquera titulación oficial poidan levar a cabo prácticas académicas externas, tanto curriculares como extracurriculares, en municipios de menos de 5000 habitantes en zonas rurais con problemas de despoboamento, residindo no mesmo, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.
Pode participar neste programa calquera administración local, institución, organismo, entidade sen ánimo de lucro ou empresa legalmente constituídas, que desenvolvan a súa actividade en municipios españois de menos de 5.000 habitantes.
A través do convenio asinado entre a Universidade de Vigo e este concello chegou a Larouco Noelia, a primeira estudante que realiza prácticas dentro do PROGRAMA CAMPUS RURAL en Larouco.
Aquí deixámosvos a entrevista realizada a Noelia polo xornal O SIL.
06/09/2023 Fonte: Periódico O Sil
- Detalles
APP de Pueblos Mágicos de España, na que están incluidos todos os pobos do Concello de Larouco

- Detalles

